lunes, 9 de mayo de 2016

LAXEIRO para os NENOS




Meu nome real é José Otero Abeledo  "pero eu escollín un nome, ou un mote,  que non ten nada que ver cos apelidos dá miña familia, pero ten moito que ver con miña bisavoa que foi dunha pequena aldea, A Laxe, e como era unha muller moi intelexente e moi simpática, non sei si  pola súa simpatía o polo moito que falaban dela, empecei a asinar , Laxeiro"

Nacín o 23 de febreiro do 1908 na parroquia de Donramiro, no concello de Lalín.


Todo o que me rodeaba alimentaba a miña imaxinación e animábame a debuxar historias e persoaxes cargados de fantasía.
Xa na escola, a mestra dona Teresa animoume a pintar debuxos,


Encontro de dona Teresa e Laxeiro  


e dábame cores e papeis para que practicase, ademais de falarme dos grandes pintores universais.

Ela foi quen fixo medrar a miña inclinación pola pintura.

En 1921, os trece anos, marchei para A Habana, capital de Cuba, onde me agardaban os meus pais que xa marcharan antes ca min.

Embarquei en Vigo nun trasatlántico chamado ESPAGNE cheo de xente, que ía cruzar o Oceano Atlántico.


Eu nunca saíra de Lalín, a miña pequena vila gandeira e labrega e, polo que me contaron, A Habana era unha cidade moi grande, así que estaba desexando chegar para coñecer esa gran cidade.



Cando cheguei á Habana, traballei en mil cousas e ía a clases de debuxo no Centro Galego.

Todo aconteceu moi rápido e enseguida comencei a traballar como proxectista de vidrieiras. Un traballo no que aprendín moito sobre a cor, a luz e o debuxo.



Un dos meus mellores amigos era un rapaz que me ensinou a pelexar. O facía tan ben que de maior chegou a ser campión do mundo de boxeo. O seu nome era Kid Chocolate e de nenos fomos moi bos amigos.

Pero a miña estadía na Habana non durou moito.

En 1925, os 17 anos, retornei a Galicia. Estaba moi enfermo dunha doenza respiratoria e as montañas de Lalín curáronme.

Entón decidín dedicarme a ser pintor e, como non había forma de gañar cartos con iso, fíxenme barbeiro,

 así podería retratar aos meus clientes e seguir debuxando, que era o que máis me gustaba no mundo. A xente coñecíame como o barbeiro-pintor.





En 1931 marchei a Madrid, o que me posibilitou coñecer aos grandes pintores no Museo do Prado.




Entre outros, Velazquez





Goya, pinturas negras 





O Greco







En 1934, xa de volta en Galicia, fixen a miña primeira exposición, en Santiago de Compostela, foi un exito para os artistas e os entendidos. Non lle gustou nada ao resto da xente porque a miña obra resultáballe moi rara.


Carrotón de nenos


En 1940 vivín en Pontevedra. Fun profesor de pintura no instituto Valle-Inclán, e pintei unha das miñas obras preferidas, o mural, O manancial da vida,  no  Café Moderrno, no que hoxe é unha entidade bancaria.

A primaveira da vida


En 1942, cando tiña 34 anos, fun a vivir a Vigo. Nesa cidade establecín unha das miñas residencias habituais. Pintei moito neses anos e fixen un dos cadros máis importantes de toda miña vida: Trasmundo, que resume todos os mundos fantásticos da miña imaxinación, por iso o titulei así, porque é o trasmundo que está máis alá da realidade.


Trasmundo

Mascarón



En 1951, invitáronme a participar nunha exposición en Bos Aires que é a capital de Arxentina.


Outra vez crucei Océano Atlántico e alí comencei a pintar de forma diferente e fixen un autorretrato moi moderno, no que apenas se recoñecía a miña cara, pero a min gustábame.

Autorretrato

A xente comezou a decir que me parecía a Picasso, un pintor que eu admiraba moito.

En Bos Aires coñecín a moitos artistas galegos e arxentinos e comencei a pintar moitísimo.

Experimentaba todo o día e o mesmo facía un cadro con xente, coma outro cadro no que non se distinguían as figuras, cheo de cores alegres e de liñas negras.

Era arte ABSTRACTO. A min dábame igual o nome. Só pintaba o que me apetecía.


Os deuses

Color







Tanto pintei en Bos Aires e a xente queríame tanto que chegei a ser Vicepresidente da Sociedade Arxentina de Artistas Plásticos. Empecei a pensar en volver á miña terra.

Despois dunha exposición moi importante, que fixen na Art Gallery International de Bos Aires, decidín regresar ao meu país.

Cando cheguei a Galicia, en 1970, os 62 anos, comencei a recibir moitos premios e agasallos. Tiña tantas medallas que a miña roupa non podía co peso de todas elas. Era unha forma que a xente tiña de agradecerme o meu traballo.

En 1981 creouse a Colección Laxeiro, hoxe é a Colección  permanente


Nestes anos tamén fixen moitísimas exposicións, e dedicáronme unha moi grande no Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela e no Centro Cultural Conde Duque en Madrid. Foi moi agradadable para min ver todos aqueles cadros que pintei ao longo da miña vida, colgados xuntos nunha exposición.


Seguí pintando moito
Autorretrato

e morro en Vigo os 88 anos en 1996.



NOTA:
 
Para este post, utilicei  o cómic "As aventuras de Laxeiro"  de Pérez Buján, Javier /Fernández, Federico.  Edición Fundación Laxeiro



E por último, vamos a comparar dous cadros

    "A Vida" de Laxeiro       -       "Guernica" de   Picasso.









Tres imaxes que poden relacionarse:

Neno nos brazos da súa nai.
O brazo e a flor.
E a man da muller comparada co da nai.









Web didáctica:

http://engalego.es/almacen/lim10/laxeiro/laxeiro.html   (Recollido da páxina do C.E.P. Dr. Fleming : Poderás facer lim para activar ou reforzar os coñecementos básicos sobre o pintor na escola)


Vídeos:

https://www.youtube.com/watch?v=Bf9qDIEbUeE  (Recorrido da vida e obra)

https://www.youtube.com/watch?v=bZr-ZM5rnmA  (Recorrido fotográfico da súa vida)

https://www.youtube.com/watch?v=yAhwdyjFaPY  (Fundación Laxeiro "o artista  explicanos  o seu nome  artístico,  Laxeiro")

https://www.youtube.com/watch?v=Yx7740Iotc0  (O Laxeiro descoñecido)




Web :

       


http://anosacultura2.blogspot.com.es/2011/02/colmeiro-e-laxeiro-artistas-do-deza.html
Nos fala da comarca do Deza de Manuel Colmeiro e de Laxeiro.



Bibliografía:


Colección Laxeiro   Castro Fernández, X. Antón /Elorrieta Rey, Fernando
Edita Concello de Vigo

No catálogo podése atopar as obras da  Fundación, unha síntese biográfica e unha selección bibliográfica.




LAXEIRO Catálogo Universal    Fundación Laxeiro
Nova Galicia Edicións

É o primeiro catálogo universal do artista. a publicación consta de tre tomos os dous primeiros consta da reproducción do 500 obras e o terceiro tomo fai unha reproducción reducida e un DVD con a información completa de cada obra.
As aventuras de Laxeiro    Pérez Buján, Javier /Fernández, Federico
Edición Fundación Laxeiro

Cómic sobre a vida de Laxeiro

Traballo con nenos














No hay comentarios:

Publicar un comentario